domingo, 30 de noviembre de 2014

Programa do Congreso

Descarga o PDF [AQUÍ 10MB]

O conxunto de actividades do Congreso quere servir para achegar ao público de todo o mundo á historia e ao pensamento dunha das mulleres máis singulars do seu tempo: Hildegart Rodríguez Carballeira. E malia fixar o obxectivo nunha única persoa, o Congreso quere contribuir de xeito xeral á recuperación da historia do pensamento feminino e dos movementos da liberación da muller no século XX.

Congreso

Venres, 5 de decembro

19:00 – 19:30 INAGURACIÓN DO CONGRESO

A cargo de representantes das entidades organizadoras e entidades colaboradoras: Comisión para a Recuperación da Memoria Historica da Coruña, Ateneo Ferrolán, e Marcha Mundial das Mulleres.

19:30 – 21:00 CONFERENCIA INAUGURAL

  • A cargo de Aurora Marco: “Romper barreiras. Voces femininas a comezos do XX".

    Aurora Marco é profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e especialista na historia das mulleres na Galiza. Ten publicado os libros “As precursoras. Achegas para o estudo da escrita femenina (Galiza, 1800-1936)” (1993), “Mulleres e educación na Galiza. Vidas de mestras” (2002), “Mulleres na guerrilla antifranquista” (2011), e o seu monumental “Dicionario de mulleres galegas. Das orixes a 1975” (2007).

21:00 - 22:00 ACTUACIÓN MUSICAL

  • Actuación musical por determinar

Sábado, 6 de decembro

10:00 – 11:15 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS

  • José Manuel Peláez Ropero – Mi hija Hildegart (Fernando Fernán Gómez, 1977). ¿Un filme inacabado?
  • Martín Paradelo Núñez – A representación cinematográfica do corpo da muller no tempo de Hildegart
  • Ana Muiña – Aurora de sangre. Vida y muerte de Hildegart. Introducción a la reedición del libro de Eduardo de Guzmán

11:30 – 12:45 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS

  • Lola Ferreiro Díaz – Republicanas de corazón, de cabeza e de corpo enteiro.
  • Luz Darriba / Micaela Fernández Darriba – As netas de Olympia de Gouges, as fillas de Flora Tristán

13:00 – 14:00 PRESENTACION DA NOVELA

  • “Entrada ao xardín do saber”, co seu autor Henrique Dacosta, presentado por Eduardo Fra Molinero

16:00 – 17:15 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS

  • Miguel Ángel Pradera – Una tarea pendiente: una bibliografía formal de Hildegart Rodríguez Carballeira
  • Pablo Herrero Hernández – Hildegart Rodríguez Carballeira en el recuerdo y en los escritos del periodista y escritor republicano Luis Hernández Alfonso (1901-1979)
  • Manuela Santalla López – Hildegart: ¿Una mujer-proyecto ferrolana?

17:30 – 18:45 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS

  • Kyra Kietrys – Archivo Hildegart
  • Micaela Pattison – Hildegart como figura internacional

19:00 – 20:00 CONFERENCIA

  • Rosa Cal – "Aurora una mujer con un proyecto de vida propio: Hildegart"

20:00 – 21:00 ACTUACIÓN MUSICAL

  • Actuación musical por determinar

Domingo, 7 de decembro


10:00 – 11:15 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS

  • Eduard Masjuan – El neomalthusianismo anarquista y la cuestión social en Hildegart Rodríguez
  • Lorena Cuevas Buján – Hildegart Rodríguez e Amparo Poch: a repercusión das ideas de reformismo sexual no anarcofeminismo dos anos 30
  • Eusebio Lucía Olmos – El paso de Hildegart Rodríguez por la Casa del Pueblo Madrileña

11:30 – 12:45 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS

  • Monica Bar Cendón – Sexualidade e trampas da "diferencia" en Hildegart
  • Josep María Roselló – Una mujer moderna: amor y sexo en el pensamiento de Hildegart
  • Marga do Val – Por qué escribir unha obra de teatro sobre Hildegart

13:00 – 14:00 ROTEIRO E HOMENAXE POPULAR A HILDEAGART


16:00 – 17:15 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS

  • Miguel Ángel Pradera – Reflexiones para una adecuada contextualización histórica de Hildegart
  • Jean-Louis Guereña – Hildegart y la reforma sexual en la Casa del Pueblo de Madrid

17,30 – 18,45 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS

  • Blanca Quintanilla – Hildegart, la aniquilación de una rebelde
  • Olga Roig López – Aurora Rodríguez y Hildegart, dos vidas marcadas por la disciplina
  • Guillermo Rendueles Olmedo – Aurora Rodríguez y su doble manicomial

19:00 RECITAL DE POESÍA

  • Carmen Blanco – “Hildegarts vivas nas carballeiras: miles de mulleres para outras auroras”
  • Actuación musical por determinar

21:00 CLAUSURA DO CONGRESO

Exposicións

En paralelo ao Congreso, haberá instaladas no Ateneo dúas exposicións relativas a Hildegart Rodríguez Carballeira:
  • Unha exposición de 16 paneis sobre a vida e a obra de Hildegart Rodríguez Carballeira, que fará un percorrido pola súa traxectoria vital e recollerá tamén noticia das 14 obras publicadas por Hildegart na súa vida, e doutra 14 obras feitas arredor da súa vida e obra, por outros autores, despois da súa morte.
  • Unha exposición de obxectos sobre Hildegart Rodríguez Carballeira, con libros escritos por Hildegart, así como publicacións periódicas, documentos e obras relativas aos movementos nos que Hildegart estivo implicada.

Outros actos

Xoves, 4 de decembro

Na Coruña, a Casa Museo Casares Quiroga acollerá unha presentación do congreso o día 4 de decembro ás 20.00 horas, a cargo de representantes da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica e o Ateneo Ferrolán, entidades organizadoras da cita, e de algunha das investigadoras ou investigadores especializados na figura de Hildegart.

Martes, 9 de decembro

No Ateneo de Madrid terá lugar un acto de homenaxe á pensadora e feminista Hildegart Rodríguez Carballeira o día 9 de decembro, ás 19.30 horas, organizado polo Ateneo Ferrolán, Ateneo de Madrid e a Cátedra de Memoria Histórica del Siglo XX da Universidad Complutense. Na capital española falarán representantes destas tres entidades así como a popular feminista Lidia Falcón.

O acto quere lembrar que o día 9 do mes de decembro de 1914 tivera lugar o nacemento de Hildegart en Madrid, cidade onde desenvolveu a súa vida e onde foi asasinada o 9 de xuño de 1933.
Publicado por: Congreso Hildegart Rodríguez Carballeira - 12:46

viernes, 21 de noviembre de 2014

Evento do Congreso no Facebook


Cen anos despois do seu nacemento, tentamos lembrar á Hildegart sexóloga, xornalista, activista política ou feminista, coa celebración dunha serie de actos de homenaxe e un congreso de investigación que poña en valor a súa figura histórica e o seu pensamento, todo o lonxe que sexa posible do sensacionalismo e da superficialidade.

Súmate ao evento no FACEBOOK
Publicado por: Congreso Hildegart Rodríguez Carballeira - 3:37

lunes, 3 de noviembre de 2014

Inscribete para participar no Congreso

Xa temos aberta a inscrición no Congreso.

Coa inscripción teras dereito a :

O material do Congreso
Un desconto no material da tenda do Congreso
E a un diploma de asistencia.

Podes facelo desde  aquí



Publicado por: Congreso Hildegart Rodríguez Carballeira - 4:22

viernes, 31 de octubre de 2014

Nota de prensa sobre o Congreso

O 9 de decembro de 1914 nacía en Madrid Hildegart Rodríguez Carballeira. Filla da ferrolá Aurora Rodríguez Carballeira, Hildegart foi un importante personaxe da cultura e da política até o ano da súa morte en 1933. Publicou unha decena de libros e foi colaboradora de publicacións periódicas como “Renovación”, “El Socialista”, “Orto” e “La Tierra”, ademáis de directiva das Juventudes Socialistas e da Liga para la Reforma Sexual. Estivo en contacto con importantes personaxes da época como Havelock Ellis, H.G. Wells ou Gregorio Marañón. A súa vida e a súa tráxica morte a mans da súa nai, en decembro de 1933 (cando só contaba 19 anos), fixeron dela un personaxe recreado en novelas, obras de teatro e mesmo filmes, ademáis de investigacións históricas.

Unha vez pechado o prazo de presentación de propostas para o Congreso Hildegart, o comité organizador aceptou os seguintes traballos de investigación:

  • José Manuel Peláez Ropero - Mi hija Hildegart (Fernando Fernán Gómez, 1977).¿ Un filme inacabado?
  • Ana Muiña - Aurora de sangre. Vida y muerte de Hildegart. Introducción a la reedición del libro de Eduardo de Guzmán
  • Martín Paradelo Núñez - A representación cinematográfica do corpo da muller no tempo de Hildegart
  • Lola Ferreiro Díaz - Republicanas de corazón, de cabeza e de corpo enteiro
  • Luz Darriba / Micaela Fernández Darriba - As netas de Olympia de Gouges, as fillas de Flora Tristán
  • Kyra Kietrys – Archivo Hildegart
  • Micaela Pattison - Hildegart como figura internacional
  • Miguel Ángel Pradera - Una tarea pendiente: una bibliografía formal de Hildegart Rodríguez Carballeira
  • Manuela Santalla López – Hildegart: ¿Una mujer-proyecto ferrolana?
  • Pablo Herrero Hernández - Hildegart Rodríguez Carballeira en el recuerdo y en los escritos del periodista y escritor republicano Luis Hernández Alfonso (1901-1979)
  • Olga Roig López - Aurora Rodríguez y Hildegart, dos vidas marcadas por la disciplina
  • Dionísio Pereira - Unha figura singular do anarquismo na Galiza: o Dr. Pardo Babarro, defensor da euxenesia e a nova moral sexual.
  • Eduard Masjuan - El neomalthusianismo anarquista y la cuestión social en Hildegart Rodríguez 1929-1933
  • Eusebio Lucía Olmos - El paso de Hildegart Rodríguez por la Casa del Pueblo Madrileña
  • Miguel Ángel Pradera - Reflexiones para una adecuada contextualización histórica de Hildegart
  • Jean-Louis Guereña - Hildegart y la reforma sexual en la Casa del Pueblo de Madrid
  • Francisco de Luis Martín – Hildegart, un verso suelto en el proyecto de reforma sexual del socialismo español de los años veinte y treinta
  • Lorena Cuevas Buján - Hildegart Rodríguez e Amparo Poch: a repercusión das ideas de reformismo sexual no anarcofeminismo dos anos 30
  • Helena Andrés Granel - Hildegart Rodríguez. Feminismo, eugenesia y maternidad
  • Antía Pérez Caramés - O pensamento demográfico de Hildegart Rodríguez Carballeira
  • Monica Bar Cendón - Sexualidade e trampas da "diferencia" en Hildegart
  • Josep María Roselló - Una mujer moderna: amor y sexo en el pensamiento de Hildegart
Cen anos despois do seu nacemento, o Ateneo Ferrolán considerou preciso convocar un Congreso arredor de Hildegart Rodríguez Carballeira, para lembrar a súa figura dende diversas facianas: ao tempo que tentar encadrar o seu pensamento no eido da liberación sexual e da crítica de esquerdas á II República, o Congreso quere recuperar tamén a memoria das mulleres e dos colectivos femininos da súa xeración.
Por outra banda, no Congreso participarán outras persoas que teñen traballado sobre a figura de Hildegart, como a historiadora ferrolá Rosa Cal, o psiquiatra Guillermo Rendueles, a autora teatral Marga do Val ou o escritor ferrolán Henrique Dacosta. No marco do Congreso vaise presentar tamén en Ferrol a curtametraxe “The Red Virgin”, da directora canadiense Sheila Pye (2011) e probablemente se proxecte tamén a película de Fernando Fernán Gómez “Mi hija Hildegart” (1977). Todos os actos terán lugar en Ferrol entre o 5 e o 8 de decembro, cando se pechará o Congreso cun acto de homenaxe popular a Hildegart Rodríguez Carballeira.
No mes de decembro, en paralelo ao Congreso, van facerse dúas exposicions no Ateneo Ferrolán relacionadas con Hildegart, unha delas será unha exposición en paneis facendo un percorrido pola vida e os temas relacionados cos traballos de Hildegart, e a outra será unha exposición de obxectos e libros relacionados con esta malograda pensadora e activista social. O Ateneo está rematando tamén un libro no que se recollen todos os artigos xornalísticos publicados por Hildegart no xornal “La Tierra” nos tempos inmediatos á súa morte; o devandito libro será presentado no vindeiro mes de novembro.
Nestes momentos, o Ateneo Ferrolán está tentando sumar a diversas institucións e entidades ao Congreso, para tentar difundir ao máximo a figura de Hildegar Rodríguez Carballeira, e coa idea de que as exposicións e algunhas conferencias sobre Hildegart poidan levarse adiante noutras localidades galegas
Publicado por: Congreso Hildegart Rodríguez Carballeira - 5:20

Traballos de investigación aceptados polo comité organizador

O comité organizador aceptou os seguintes traballos de investigación:
  • José Manuel Peláez Ropero
    Mi hija Hildegart (Fernando Fernán Gómez, 1977).¿ Un filme inacabado?

  • Ana Muiña
    Aurora de sangre. Vida y muerte de Hildegart. Introducción a la reedición del libro de Eduardo de Guzmán

  • Martín Paradelo Núñez
    A representación cinematográfica do corpo da muller no tempo de Hildegart

  • Lola Ferreiro Díaz
    Republicanas de corazón, de cabeza e de corpo enteiro

  • Luz Darriba / Micaela Fernández Darriba
    As netas de Olympia de Gouges, as fillas de Flora Tristán

  • Kyra Kietrys
    Archivo Hildegart 

  • Micaela Pattison
    Hildegart como figura internacional 
 
  • Miguel Ángel Pradera
    Una tarea pendiente: una bibliografía formal de Hildegart Rodríguez Carballeira 
 
  • Manuela Santalla López
    Hildegart: ¿Una mujer-proyecto ferrolana? 
 
  • Pablo Herrero Hernández
    Hildegart Rodríguez Carballeira en el recuerdo y en los escritos del periodista y escritor republicano Luis Hernández Alfonso (1901-1979) 
 
  • Olga Roig López
    Aurora Rodríguez y Hildegart, dos vidas marcadas por la disciplina 
 
  • Dionísio PereiraUnha figura singular do anarquismo na Galiza: o Dr. Pardo Babarro, defensor da euxenesia e a nova moral sexual 
 
  • Eduard Masjuan
    El neomalthusianismo anarquista y la cuestión social en Hildegart Rodríguez 1929-1933 
 
  • Eusebio Lucía Olmos
    El paso de Hildegart Rodríguez por la Casa del Pueblo Madrileña 
 
  • Miguel Ángel Pradera
    Reflexiones para una adecuada contextualización histórica de Hildegart 
 
  • Jean-Louis Guereña
    Hildegart y la reforma sexual en la Casa del Pueblo de Madrid 
 
  • Francisco de Luis Martín
    Hildegart, un verso suelto en el proyecto de reforma sexual del socialismo español de los años veinte y treinta
 
  • Lorena Cuevas Buján
    Hildegart Rodríguez e Amparo Poch: a repercusión das ideas de reformismo sexual no anarcofeminismo dos anos 30 
 
  • Helena Andrés Granel
    Hildegart Rodríguez. Feminismo, eugenesia y maternidad 
 
  • Antía Pérez Caramés
    O pensamento demográfico de Hildegart Rodríguez Carballeira 
 
  • Monica Bar Cendón
    Sexualidade e trampas da "diferencia" en Hildegart 
 
  • Josep María Roselló
    Una mujer moderna: amor y sexo en el pensamiento de Hildegart 
 
A presencia de investigadoras e investigadores procedentes de diversas partes do mundo (Estados Unidos, Francia, Australia, Portugal, Catalunya, Madrid, Galiza) é representativa da repercusión internacional da figura de Hildegart e tamén da riqueza dos temas que suxire a súa corta vida.
Publicado por: Congreso Hildegart Rodríguez Carballeira - 5:18

viernes, 5 de septiembre de 2014